![]() |
![]() |
![]() |
||||
|---|---|---|---|---|---|---|
Servizo de fortalecementoaos colectivos de inmigrantese emigrantes retornados |
||||||
A xestión de proxectos e a captación de recursos son dúas das necesidades sentidas máis relevantes dentro da xestión das asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados. Estes dous elementos se verían sensiblemente mellorados si conseguimos que as asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados teñan claro o seu proxecto asociativo e a xestión do ciclo de proxectos subvencionados. O proxecto asociativo é a base para: ter claro se as actividades entran nas convocatorias das subvencións que se solicitan, ter claro o mapa de financiamento dispoñible, abordar a comunicación da asociación a través de web, trípticos ou outros elementos de comunicación, lograr claridade e aliñamento da estratexia na dirección da entidade, etc. A xestión do ciclo de proxectos subvencionados abarca a busca de subvencións, a súa solicitude e a súa xustificación. Esta xestión permite dotarse de recursos para o desenvolvemento das actividades e garante a sostenibilidade e crecemento da asociación. Esta iniciativa xurde das inquedanzas manifestadas na xornada celebrada o pasado 24 de novembro de 2007 no edificio da EGAP en Santiago de Compostela, xornada na que se tivo como eixo central un dos elementos máis importantes na xestión das organización: a captación de fondos. CONVIVE+ é un proxecto da Iniciativa Comunitaria EQUAL da Unión Europea que se encarga de deseñar novos métodos de promoción da igualdade de oportunidades no mercado de traballo. ObxectivoFortalecer a capacidade de xestión de proxectos e captación de recursos do asociacionismo de inmigrantes e emigrantes retornados de Galicia a través de servizos de asesoramento específico.
Descarga a carta de presentación do servizo (Carta invitación Galego pdf)
|
||||||
Servizo de consultas on-line |
||||||
Este servizo consiste en facilitar as entidades ou grupos de inmigrantes e emigrantes retornados servizos de consultoría on line sobre temáticas de elaboración e xestión de proxectos asociativos e captación de recursos. As consultas realizaranse seguindo un formulario dispoñible nesta web e serán respondidas nun prazo máximo de tres días hábiles dende a súa recepción por consultores especializados no terceiro sector. Destinatarios/as
Temáticas das consultas
Procedemento
ou por mail a: inscripcion.asociacionismo@fundaciongaliciaemigracion.es
|
||||||
Consultoría para a elaboración de proxectos asociativos |
||||||
Este servizo consiste en facilitar a entidades ou grupos de inmigrantes e emigrantes retornados servizos de consultoría presencial para apoiar a elaboración dos seus proxectos asociativos, e tamén a identificación de posibles fontes de financiamento para a súa actividade. Cada entidade seleccionada pola Fundación Galicia Emigración poderá dispor do apoio dos consultores colaboradores un máximo de 3 sesións de dúas horas de duración. Destinatarios
Temática a traballar: Elaboración de proxectos asociativosEntendido como:
Procedemento
ou por mail a: inscripcion.asociacionismo@fundaciongaliciaemigracion.es
|
||||||
Neste apartado recolleremos aquela documentación que consideremos de interese para facilitar as entidades ou grupos de inmigrantes e emigrantes retornados o seu traballo de captación de fondos. Subvencións:
Documentos:
Ligazóns: |
||||||